A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia reunirá a sanitarios, docentes e pacientes para conmemorar o Día Mundial do Supervivente do Cancro
A xornada centrarase no coidado do paciente oncolóxico no contorno termal
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurará o evento, que se celebrará o 4 de xuño no Talaso Atlántico de Oia
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021 (Vía Láctea Comunicación).- Con
motivo do Día Mundial do Supervivente do Cancro, que este ano se conmemora o 6
de xuño, a Cátedra de Hidroloxía Médica Universidade de Santiago-Balnearios de
Galicia promove unha xornada centrada en O coidado do paciente oncolóxico no
contorno termal . O encontro, que terá lugar no Talaso Atlántico de Oia o vindeiro 4 de
xuño, será inaugurado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Na xornada intervirán Manuel Constenla, xefe do Servizo de Oncoloxía do CHU de Pontevedra, Montecelo; Salvador Ramos, director médico do centro de talasoterapia Talaso Atlántico; Eduardo Ortega Rincón, catedrático de Fisioloxía da Universidad de Extremadura; o doutor Juan Gestal, director da Cátedra de Hidroloxía Médica USC- Balnearios de Galicia; Lourdes Vázquez Odériz, catedrática de Nutrición e Bromotoloxía da Universidade de Santiago; ou Teresa Pacheco, directora da revista Tribuna Termal, entre outros especialistas procedentes de diferentes puntos de España e Portugal.
No trancurso da xornada, os diferentes expertos e participantes abordarán o cancro como un problema sociosanitario de extraordinaria magnitude e centraranse nos superviventes a esta enfermidade como un reto asistencial . Porase de relevo o efecto inmunomodulador da cura balnearia e achegaranse aos centros termais como
iro espazo a atención integral ás persoas afectadas de cancro, como paisaxes terapéuticos e entornos naturais saudables . E
destacarase á comunidade galega como pioneira neste eido.
No conxunto de España, a supervivencia do cancro sitúase entre o 55,5 % no caso dos homes e no 67,7 % no das mulleres. O encontro servirá para medir a situación actual dos superviventes a esta enfermidade, que se presenta como novo reto asistencial do sistema sanitario español.
PRENSA_ 981 554 407 / 639 768 929 .